Controlados

Hai un par de semanas, no seu penúltimo número, El País Semanal –un dos suplementos que teño como de case obrigada lectura– publicaba o, tan interesante como breve, artigo “Así te vigila (y te controla) tu móvil”, da autoría da coñecida xornalista madrileña Marta Peirano. Sintetiza nunha páxina –acompañada dunha ilustrativa infografía de Álvaro Valiño– todos eses perigos aos que estamos expostos polo simple feito de vivirmos acompañados dun smartphone que, de xeito máis detallado, se recollen no seu recente libro El enemigo conoce el sistema: Manipulación de ideas, personas e influencias después de la economía de la atención (2019). Se non se animan ao libro, recoméndolles vivamente a lectura do artigo, que se pode atopar doadamente na internet.

Estou convencido de que boa parte das lectoras e lectores destas liñas teñen visto Das Leben der Anderen (A vida dos outros), o multipremiado e oscarizado –á mellor película de fala non inglesa de 2007– filme alemán de Florian Henckel von Donnersmarck, que narra o control ao que a Stasi -un dos servizos de intelixencia máis efectivos- sometía os alemáns orientais. Aquilo, que tanto escandalizou, é xogo de nenos comparado co sistema actual.

Controlados

Te puede interesar