Haraquiri

Perdoen a determinación de poñerme a falar de algo que xa está máis que falado cal é a decisión do Comité Federal do PSOE en rematar co seu secretario xeral e recomendar a abstención na investidura de Rajoy á presidencia do goberno. No meu percorrido vital  vin algunhas cousas coma a transición, o paso da ditadura á democracia, un camiño difícil en tanto en canto había que poñer de acordo a moita xente que opinaba de xeito diferente e convencela para que aceptase unhas regras de xogo necesarias para unha normal convivencia. Esquerdas e dereitas puxeron da súa parte para que todo fose así. Pero xa non estamos na transición aínda que semelle que non saímos dela cando deixamos a ideoloxía aparcada para apoiar cunha abstención un goberno do PP. E para iso fixo falta que o PSOE se fixera o haraquiri dando a sensación de que todo o esforzo anterior non serviu para nada. O golpe de man destes días non ten parangón na historia deste vello partido, esperanza para moitos que agora se afunden na decepción porque non entenden o apoio que a vella garda pretoriana da chamada esquerda hexemónica puxo para facilitar un goberno de dereitas cunha abstención que non é un si  pero parécese bastante. 
Claro que se volvemos a vista atrás veremos que o partido socialista leva tempo absténdose de moitas cousas ata converterse agora en algo que poderíamos bautizar como social democracia liberal co que todo eso significa para os seus perplexos militantes e votantes. Pablo Iglesias Posse e Julian Besteiro quedan moi atrás o mesmo que as esencias  e principios fundacionais deste partido que tanta ilusión levantou na clase traballadora. Os actuais dirixentes déronlle a volta coma un calcetín deixando ao partido coma unha sombra do que foi e bastante afastado da clase social  da que recibe o apelido e da defensa duns postulados que deberan ser irrenunciables. O comité federal asasina politicamente ao secretario xeral elixido pola militancia en aras de non sei que beneficios, un asasinato sen arma branca como foi no 44 a.C  o de César no Senado, pero con parecidos conspiradores : unha eliminación política a fin de contas. Malia todo non hai unanimidade no PSOE e abriuse unha brecha moi difícil de suturar, unha fractura que provoca unha dicotomía de difícil solución. Que poden facer agora os que se opuxeron ao golpe de man do Comité Federal? E os militantes aos que se ignorou? Pois hai dúas posibilidades: tragar co sapo envelenado ou entregar o carné e liscar para outro sitio. Quizais habería outra alternativa: permanecer firme no ademán e tratar de recompoñer o partido dende dentro, cuestión esta ben difícil vendo nas mans nas que está nestes momentos coas vellas glorias mandando na sombra e outras case tan vellas obedecendo nos comités.
 Con Rajoy xa nomeado presidente coa axuda do PSOE será difícil entender como os que facilitan o nomeamento pasarán a facer oposición. Intúo o que pensarían Pablo Iglesias Posse e Besteiro pero eso non importa aos actuais dirixentes, e tamén sei que pensaría miña nai, militante socialista, que dicía que  o era por convicción, non polas persoas que dirixían o partido diante das que mantiña case sempre unha actitude máis ben crítica cando había que tela. Xa non está para velo, pero sei que estaría agora moi,moi desgustada. Abofé.Perdoen a determinación de poñerme a falar de algo que xa está máis que falado cal é a decisión do Comité Federal do PSOE en rematar co seu secretario xeral e recomendar a abstención na investidura de Rajoy á presidencia do goberno. No meu percorrido vital  vin algunhas cousas coma a transición, o paso da ditadura á democracia, un camiño difícil en tanto en canto había que poñer de acordo a moita xente que opinaba de xeito diferente e convencela para que aceptase unhas regras de xogo necesarias para unha normal convivencia. Esquerdas e dereitas puxeron da súa parte para que todo fose así. Pero xa non estamos na transición aínda que semelle que non saímos dela cando deixamos a ideoloxía aparcada para apoiar cunha abstención un goberno do PP. E para iso fixo falta que o PSOE se fixera o haraquiri dando a sensación de que todo o esforzo anterior non serviu para nada. O golpe de man destes días non ten parangón na historia deste vello partido, esperanza para moitos que agora se afunden na decepción porque non entenden o apoio que a vella garda pretoriana da chamada esquerda hexemónica puxo para facilitar un goberno de dereitas cunha abstención que non é un si  pero parécese bastante. 
Claro que se volvemos a vista atrás veremos que o partido socialista leva tempo absténdose de moitas cousas ata converterse agora en algo que poderíamos bautizar como social democracia liberal co que todo eso significa para os seus perplexos militantes e votantes. Pablo Iglesias Posse e Julian Besteiro quedan moi atrás o mesmo que as esencias  e principios fundacionais deste partido que tanta ilusión levantou na clase traballadora. Os actuais dirixentes déronlle a volta coma un calcetín deixando ao partido coma unha sombra do que foi e bastante afastado da clase social  da que recibe o apelido e da defensa duns postulados que deberan ser irrenunciables. O comité federal asasina politicamente ao secretario xeral elixido pola militancia en aras de non sei que beneficios, un asasinato sen arma branca como foi no 44 a.C  o de César no Senado, pero con parecidos conspiradores : unha eliminación política a fin de contas. Malia todo non hai unanimidade no PSOE e abriuse unha brecha moi difícil de suturar, unha fractura que provoca unha dicotomía de difícil solución. Que poden facer agora os que se opuxeron ao golpe de man do Comité Federal? E os militantes aos que se ignorou? Pois hai dúas posibilidades: tragar co sapo envelenado ou entregar o carné e liscar para outro sitio. Quizais habería outra alternativa: permanecer firme no ademán e tratar de recompoñer o partido dende dentro, cuestión esta ben difícil vendo nas mans nas que está nestes momentos coas vellas glorias mandando na sombra e outras case tan vellas obedecendo nos comités.
 Con Rajoy xa nomeado presidente coa axuda do PSOE será difícil entender como os que facilitan o nomeamento pasarán a facer oposición. Intúo o que pensarían Pablo Iglesias Posse e Besteiro pero eso non importa aos actuais dirixentes, e tamén sei que pensaría miña nai, militante socialista, que dicía que  o era por convicción, non polas persoas que dirixían o partido diante das que mantiña case sempre unha actitude máis ben crítica cando había que tela. Xa non está para velo, pero sei que estaría agora moi,moi desgustada. Abofé.

Haraquiri

Te puede interesar