TREN CONTRA A MALATA

Anuncian un acceso ferroviario que para ir a Caneliñas vai esnaquizar A Malata. Non deixa de ser significativo que o anuncio  acerca da aprobación do concurso para a realización das obras do acceso ferroviario ao porto exterior de Ferrol o realice o responsable de portos do Estado no transcurso dunha visita á autoridade portuaria da Coruña, nunha flagrante falla de respecto a nosa cidade.  O tren que ten que chegar a Caneliñas o queren levar por a ruta sur que concita unha notable oposición social e política na nosa cidade, nunha plataforma que defendeu colectivamente outra variante máis respectuosa para salvaguardar a Malata; variante  que se desbotou por consideracións puramente economicistas. Este tren que debe chegar a Caneliñas acumula ademáis  un enorme retraso froito da despreocupada mala xestión dos gobernos do PP. Estou certa que estamos aínda en tempo de facer descarrilar a licitación duns accesos ferroviarios que teñen que transitar outra variante. Para chegar a Caneliñas non temos que sacrificar A Malata.
 

TREN CONTRA A MALATA

Te puede interesar