stou certamente alarmado polo que está a acontecer no noso país a respeito disto das manadas. Non sei se a vostedes lles pasa o mesmo, pero a mín preocúpame moito que, despois da violación en masa dos Sanfermines, pola que xa hai condena en firme para os seus cinco autores, dérase a de Manresa e que, nos últimos catro anos, se teñan rexistrado unha quincena destes actos. Medo e preocupación medran se un pensa que isto son casos aillados, xa que logo, nun mundo tan mediatizado como no que estamos, máis me suxire que a “cousa” semella que se está a convertir nun “reto” deses dos que os máis descerebrados fan gala á hora e entreterse. Sen dúbida, as forzas de seguridade xa teñen máis que analizada esta posibilidade, pero tamén é certo que vexo moi difícil controlar, e sobre todo, acabar coa a vulnerabililade das vítimas. Ista é unha sociedad libre na que cada quen debería poder andar, pasear, divertirse e moverse por calquera sitio sen medo a atoparse con homes e rapaces sen escrúpulos.