Poder cidadán

|

esde hai algún tempo penso que vai facendo moita falta unha especie de revolta irmandiña. A presión fiscal pública e privada está ao límite e a situación de moitos cidadáns é semellante á que sofrían os campesiños nesa época. Mais lembrando unhas palabras da conselleira delegada de Bankinter, algo así como que a banca non rouba, senón que financia os soños da xente, decidín esquecer a violencia -da que non son en absoluto partidaria- e celebrar a vitoria de Pedro Sánchez. Non porque me gusten especialmente el ou a súa política, senón polo que representa: o triunfo da xente fronte os poderes fácticos. Con esa finalidade, retirei 200 euros nun caixeiro europeo, a cambio dunha módica comisión de oito, e lanceime a comprar produtos básicos que, segundo o prezo e o IVE, se converten nun luxo para a maioría das economías. Mais, un día é un día. Como ven, a miña esperanza de que as cousas muden nesta Europa unida que só ten en común o latrocinio das grandes empresas e dalgúns políticos é mínima.
 

Poder cidadán