Ben é sabido por todos que non é o mesmo chegar a fin de mes con 6.000 euros que con 600, nen é o mesmo ter unha pensión vitacicia con diversos pluses políticos e xiratorios que unha pensión dun autónomo ou dos que por idade nunca teremos unha pensión ou cando menos unha pensión digna. Que o salario non sube igual para o señor Feijoo e adláteres un 7,5% que os céntimos que nos suben ao resto dos mortais. Que quen moito debe nada paga e quen pouco ou nada debe paga o seu e o do resto. Lembrando as palabras dun D.Manuel de cando eu era pequeniña que non esquecín xamáis, nas que aseguraba que os pobres cun prato de lentellas xa tiñan bastante, seméllanme incluso máis “perdoables” que as pronunciadas por un outro pepeiro que está moi vivo e semeando arcadas, e non de medio punto, a todo aquel ao que lle chegou o tempo para ler as súas declaracións antes de se diluir no rastro da mordaza. “Os pobres pasan fame porque queren, hai contenedores de basura cheos co que tiran supermercados e restaurantes”. Fin de la cita.