IMPORTA

|

Porque nos importa, máis dun millón de voluntarios temos constancia de que Unicef, Intermón, Cruz vermella, Médicos sen Fronteiras, e moitas outras ONG, se esforzaron nestes anos en demostrar con números e estudos reais que os fondos públicos destinados ó desenvolvemento foron de gran utilidade para as persoas receptoras. Sabemos que entre os seus logros destacan: reducción da mortalidade infantil e materna, máis e millor educación para nenos e adultos, grandes melloras no acceso á auga, saneamento e hixiene, dotación de infraestructuras e organización das comunidades.
Porque nos importa, congratulámonos de que por fin se revertira a tendencia de caída da axuda oficial, tanto a nivel mundial como na unión europea, neste caso, cunha media dun 0,41%. Porque nos importa, pedimos ó Goberno central que a axuda española estancada nun 0,16%, se incremente nos próximos orzamentos xerais do estado para 2015.    

 

IMPORTA