O dereito a morrer con dignidade

acto de inducir intecionadamente á morte dunha persoa que padece una enfermidade incurable co gallo de evitar  dores, molestias e sufrementos físicos extremos  a estas alturas segue a ser un tema moi controvertido. Non é doado establecer un equilibrio entre crenzas relixiosas, deontoloxía médica, lexislación, etc. ¿Pode unha persoa no seu san xuízo e en determinada circunstancia decidir como quer morrer? Penso que si: anticipar o tránsito diante dunha situación de angustia e dor insoportable debera ser considerado como un acto de  misericordia da que a veces os seres humanos andamos un pouco escasos. Este é un vello debate que a estas alturas non deixou de ser iso, un debate ao que aínda non se atopou  solución polo poliédricas que son as nosas pautas de andar pola vida. Tanto a eutanásia como o aborto necesitan lexislación e por suposto isto non significa que abortar o inducir á morte a unha persoa que sofre o indicible sexa de obrigatorio cumplimento; unha muller debera ser libre de interromper o seu embarazo e calquera persoa selo tamén para decidir morrer en paz e sen sufrimento extremo. Mentres non haxa lexislación sobre estos temas seguiremos a velas vir e a ter que responder diante dunha lei que semella case imposible cambiar nestes tempos nos que tanto necesitamos que cambien algunhas cousas. O impacto mediático que tivo o asunto de Ramón Sampedro reflictido na película de Amenabar “Mar adentro” puxo o tema do suicidio asistido e da eutanásia no punto de mira da sociedade como algo a ter en conta  para defender o dereito dunha persoa que decide non soportar máis o sufrimento. Hai uns días un home de acordo coa súa esposa decidiu acabar co calvario da enfermidade de esta logo de máis de trinta anos de dor e angustia: foi detido inmediatamente aínda que logo posto en liberdade con cargos. Isto ténse que resolver no Parlamento e os representantes do pobo manter unha altura de miras de acordo cos tempos que corren, que aquilo que se dicía: “polo sufrimento cara a Deus” xa deixou de ter sentido para unha parte moi importante da xente. Malia que os servizos  de coidados paliativos hospitalarios e a domicilio están en certa medida axudando, conviña por parte dos políticos, deixarse de hipocresías e avanzar decididamente na defensa dos dereitos humanos nos que deberan estar incluídos a iterrupción voluntaria do embarazo e o dereito a morrer dignamente. Non é nada doado, séino, e tal como andan as cousas, ¡uf! xa veremos. Si.

 

O dereito a morrer con dignidade

Te puede interesar