Para alén do simbolismo

|

os nomeamentos de Josep Borrell en Exteriores, e Carmen Calvo en Igualdade, que ademais cubrirá a  vicepresidencia, foron rexeitados polo soberanismo catalán, no primeiro caso, e aplaudidos polas forzas progresistas no segundo. 
Agora ben, estes nomeamentos, para alén do simbolismo, tanto poden indicar prioridades, como ter a finalidade de frear inicialmente disputas sobre temas onde a prexuízos poden subsistir a análise nalgúns sectores sociais. O nomeamento de Borrell pode ter a pretensión de restar argumentos á confrontación coa dereita, respecto de como tratar a cuestión catalá, e demostrar a firmeza da españolidade do PSOE. E con Calvo buscaríase gañar ao feminismo con dúas medidas simbólicas: vicepresidencia do Goberno en un Ministerio especifico.  
Máis alá das especulacións, o novo Goberno terá que chegar a acordos que permitan a convivencia democrática coas nacións periféricas, por unha banda, e tomar medidas efectivas que garantan a igualdade de xénero, por outro lado. Nestes casos, tanto na cuestión territorial, como no relativo á igualdade de xénero, e tamén respecto da xustiza social, para que os avances sexan cualitativos cómpre facer reformas estruturais. 
Dado que o capitalismo é consubstancial, e polo tanto alenta, a centralización e concentración do poder e da riqueza. 
Nada indica que o PSOE queira empurrar transformacións radicais. Como máximo, derrogaría as reforma laboral e das pensións, a Lei “mordaza”, a LOMCE, e subiría o salario mínimo. Volveriamos á etapa de Zapatero. 
En relación a cuestión nacional propón o federalismo, onde a soberanía residiría no Estado español. Pode ser un avance, mais este modelo perdeu a eficacia do século XIX e XX, e asemade moitas das competencias foron cedidas á Unión Europea e organismos intencionais, e o Estado creou mecanismos que recentralizaron transferencias autonómicas que son esenciais. 
Sempre son positivos os cambios que permitan recuperar dereitos e mellorar as condicións laborais, as pensións e os servizos e prestacións sociais, eliminar a lexislación represiva, e garantir os dereitos nacionais, culturais e lingüísticos. 
Porén resulta evidente que, neste contexto e con esta correlación de forzas nas institucións, os avances dependeran en gran medida da reclamación e mobilización sindical e doutras forzas sociais, e da actitude dos partidos que están á esquerda do PSOE, especialmente os nacionalistas. Máxime cando a dereita e a patronal xa están marcando as liñas vermellas. No empurrar está o cambio.

Para alén do simbolismo