CONTRA NAVANTIA

O PP está a facer política sucia contra Navantia, contra Ferrolterra; sucia porque esa política está feita de mentiras, prepotencia e interesada indiferencia. Mentiras porque o dique flotante o PP dixo que cando gobernara no Estado o faría; mentiras porque da promesa electoral dos floteis  vai un ano e non hai nada. Prepotencia porque cando a plantilla protesta exerzendo un dereito democrático, dos que amolan ao PP, o único que hai é silencio e policía. Indiferencia porque o PP ten unha estratexia: deixar correr os tempos para sen carga de traballo  estrangular Navantia e reducila a case nada, e rebaixar máis as condicións laborais das traballadoras e traballadores do naval. Destruír unha empresa estratéxica para Galicia, vital para Ferrolterra e exemplo das loitas obreiras  para gañar unas condicións de vida dignas. Xusto todo Do que abomina o PP, que tenta devolvernos os tempos sen dereitos, grises e  de fame e lentellas do franquismo.

 

CONTRA NAVANTIA

Te puede interesar