Mea culpa

O debate ao respecto do saneamento evidencia a total negación da orixe e por tanto da solución dos problemas da cidade e como fronte a eles e a carencia de argumentos, todo remata na redución ao absurdo de responsabilizar aos políticos locais das consecuencias das decisións que adoptan outros. Levamos 30 anos agardando polo saneamento da ría. O Estado sen aportar un euro imponnos un modelo insostible polos exaxerados custes eléctricos de ter que depurar a auga de chuvia e despois bombeala a 45 m. de altura. Entréganos un depuradora defectuosa e obrígannos a asumir máis do 25% dos custes dos interceptores e tanques de tempestade mentres que seguirán a producirse vertidos directos á ría.  E no canto de exixir solucións aos responsables, as reaccións non poden ser máis decepcionantes. A do PP é bramar pola falta de documentación, a do PSOE pola falta de rigorosidade e a do Alcalde naronés e ferrolán procurar que os veciños asumamos docilmente o que eles xa aceptaron e evitar que as balas rocen aos auténticos culpables. 
 

Mea culpa

Te puede interesar