Garda

No 2018 a Xunta de Galicia puxo en marcha a quenda de garda psicolóxica,para casos de violencia de xénero. Agora dende setembro, a través dun convenio co colexio oficial de traballo social, activa tamén a necesaria  quenda de garda social especializada e permanente para mulleres e os seus fillos menores que sufran esta problemática. Un novo servizo que presta atención socio-asistencial inmediata, tanto en sede policial como xudicial, ante situacións de urxencia e a requerimento das forzas de seguridade ou dos xulgados, podendo estar operativo as 24 horas do día os 365 días do ano en toda a comunidade autónoma.

Ambas gardas, psicolóxica e social, complementarias entre si constitúen unha extraordinaria nova para atallar a saudade e desamparo no que se atopaban moitas vítimas e á vez fan que Galicia avance cualitativamente na promoción das medidas do pacto de estado contra a violencia de xénero.

Garda

Te puede interesar