Saneamento da ría ou cloaca

|

Non aprendemos. Seguimos instalados na propaganda como condutora da acción política. Acontece co naval. E agora co saneamento da ría. A rede unitaria, definida polos romanos como  cloaca máxima, levou á nosa ría ao estado agónico na que se atopa.  É preocupante que o goberno municipal non cumpra o que o PXOM lle ordena  e que si fan a maioría das edificacións: separar as augas residuais das pluviais. Inexplicábel que o saneamento dos ríos Tronco e Inxerto se afogue entre augas residuais, após de investirmos perto de catro millóns de euros.
Incompresíbel que se coloque un tanque de tempestade no parque Pablo Iglesias, habendo espazos públicos máis acaídos.
Procurar o futuro da ría no sistema separativo é razoábel e sustentábel. Escoitar  os argumentos das asociacións cidadás, saudábel para a democracía. Insistir na rede unitaria de saneamento, dilapidar os cartos públicos.

Saneamento da ría ou cloaca