Conxecturas

Que eu saiba, aínda hoxe despois dun ano padecéndoo, se descoñece a orixe do Coronavirus, a pesares dos adiantos do século XXI. Non cabe dúbida de que este coñecemento axudaría moito a erradicalo, feito do que estamos moi lonxe hoxe en día. O que estou a facer aquí son suposicións, conxecturas e elucubracións sen outra intención que a procura dunha explicación a esta maldición.

A primeira suposición e que a orixe está no laboratorio. É sabido que hai xente dedicada ao estudio e cultivo dos virus co gallo de poder telos baixo control con fins diversos. É posible que, por unha deficiente manipulación, o Coronavirus escapara ao control dos científicos e se estendera polo mundo enteiro nun tempo récord dada a súa capacidade de contaxio nos humanos. Non descarto a posibilidade de que fose ceibado, de xeito voluntario, por un tolo ou por orde dalgún goberno. Neste caso sería bo coñecer os motivos de tal decisión que poderían ser políticos, raciais, económicos ou mesmo para saír ao paso da superpoboación a nivel mundial. O caso é que, fose cal fose o motivo, a cousa fóiselle das mans aos responsables ata chegar á situación actual de contaxio.

A segunda é pensar se a pandemia se produciu por xeración espontánea, consecuencia das manipulacións dos homes nos laboratorios e fóra deles.

    Unha terceira, abondando con elucubracións e conxecturas, é a posibilidade de que a cousa proveña do espacio exterior, provocada por unha civilización descoñecida que ataque á terra deste xeito por razóns tamén descoñecidas.

De todas elas, a suposición máis lóxica é, ao meu xuízo, pensar que o virus foi espallado adrede dende un laboratorio. Aínda vou máis lonxe, está sendo espallado continuamente de aí os resultados que estamos a sufrir acotío: Hoxe máis que onte e menos que mañá.

Repito, estas son so suposicións pero o que si está claro é que esta peste saíu de algures e que o home, a pesares de tantos adiantos está indefenso ante moitas manifestacións da natureza.

 Por riba destas conxecturas miñas eu, e comigo moita xente, temos a sospeita de que  as autoridades competentes non contan a verdade de todo o que se sabe do virus.

Cuidádevos e sede bos.

Conxecturas

Te puede interesar