Sicixia

Este é o orixinal título co que o director de cine ourensán Ignacio Vilar bautizou a súa nova produción cinematográfica. A palabra procede do grego e significa consortes, emparellados. Denomínase así tamén ó fenómeno astronómico caracterizado polo aliñamento de tres ou máis corpos celestes: o novilunio, o plenilunio ou a eclipse. A película, ambientada na Costa da Morte, é un regalo para a vista e para os oídos, ó mesmo tempo que reflexiona sobre as relacións persoais e o determinismo xeográfico. Tralo éxito de A Esmorga, o director volve ás súas orixes e aposta novamente por valorizar a riqueza lingüística e paisaxística de Galicia, a nosa esencia, como reclamo turístico. O filme, rodado exclusivamente en galego, proxéctase con subtítulos fóra de Galicia e xa acadou premio no Festival Cinespaña de Tolouse e no Festival de Gijón. Nas salas da contorna, curiosamente, anúnciase cun letreiriño que indica “Versión original en gallego”. Non vaia ser que alguén se ofenda ó entrar. Nunca tal cousa vin nos carteis das películas en español. 

Sicixia

Te puede interesar