Escoller

Coido que, no caso de declararse a independencia en Cataluña, para moitos cataláns sería difícil e incluso dramático, ter que escoller entre ser catalán ou español. Xa agora estanse a ver problemas entre persoas que antes eran amigos, compañeiros e mesmo parentes, como se de repente se levantase no medio un muro peor que o de Berlín. A min paréceme xenial  que a xente queira ser independente, máis xa non me parece tan ben que fagan independentes á forza, aos que non queren selo. O xeito de actuar dos independentistas parece como se quixeran votar a España fora de Cataluña, tal é a súa soberbia e prepotencia, pois non é só a Rajoy a quen rexeitan. Sei que hai en Cataluña moita xente cabal, honrada, traballadora e solidaria, que están sufrindo, collidos entre a espada e a parede. Outros en troques, atrévense a berrar “Viva Galiza ceibe” , mais iso si, sen AVE, verdade? Con amigos como eses, non nos fan falta inimigos. Paréceme a min, claro.  

Escoller

Te puede interesar