Siria

Existe un intenso debate nos medios e nas redes contorna ao asunto dos refuxiados que escapan do conflito que ten lugar en Siria. Entendo que é un tema complexo pero a reacción máis inmediata ou natural debería de ser de instintiva solidariedade. 
Como non entender a desesperación de familias enteiras sen máis perspectiva que o absolutamente inmediato para sobrevivir? A implicación obxectiva non sempre é fácil pero un alento de apoio parece un mínimo esixible. O certo é que non é raro atopar comentarios que sen chegar á violencia explícita da xornalista karateka son unha mostra clara de odio ou desprezo facía un pobo infortunado que por certo non está nada lonxe do que non fai moito fomos nós mesmos. 
Din moitos que primeiro é mirar polos de casa e despois pensar nos de fóra, pero o certo é que boa parte destes opinadores xamais se preocuparon polos veciños que agora utilizan como coartada.

Siria

Te puede interesar