Así, escrito coa “s” entre aspas, que é plural xa que logo non é un feito aillado. No só porque dérase o caso de que nas últimas semanas atopábamos nos medios de comunicación coa realidade de mulleres e homes cuxo pasamento foi descoñecido, que tamén é unha forma de esquecemento, talvez involutaria si, pero terrible. Se morre en soidade e istas soidades son xa moitas, de tal forma que un estáse a preguntar onde están os límites que impiden que esto non suceda tan periodicamente, que non haxa tanta xentiña que non teña a ninguén, ou casi a ninguén, que se estea realmente a preguntar por ela, mesmos eses veciños cos que acotío se atopaba nos descansillos das escaleiras, na praza, na panadería ou no banco dun xardín. Mesmo xurire a cousa que vai ser necesario crear unha listaxe de persoas soas para que a administración –os servizos sociais, supoño– non se esqueza de chamalas de cando en vez. E non só para saber se están ben, senón para que a outro lado da liña escoiten ao menos unha voz.