BARCOS ELECTORAIS

Barcos electorais dun Goberno que practica o corso para a troika. A solución para os estaleiros públicos da nosa ría quedou clara, logo do superanuncio de Núñez Feijóo nas vésperas electorais da construcción do BAM nas gradas de Navantia: as campañas electorais.
Navantia ten futuro se hai eleccións todos os anos ou cada seis meses, porque elo obrigará aos gobernos que negan e ignoran as demandas e necesidades do estaleiro  durante anos a que as atendan baixo a presión imperativa do voto. Hai dous anos do anuncio dunha flota de barcos mexicanos dos que somentes se fará un flotel. É unha indecencia; xogan coa vida e o pan das persoas, dos máis de 4.000 traballadores e traballadores despedidos por non ter carga de traballo a tempo, por non construír o dique, por non acometer investimentos e ampliación de plantilla en Fene cando vai vencer o tempo do veto; merecen que os botemos fóra das nosas vidas.

 

BARCOS ELECTORAIS

Te puede interesar