Un caldeiro valeiro

Teño feito dabondo cousas na vida das que tempo sobrado tiven para me arrepentir, pero non foi unha delas a de crer que era posible facer outro tipo de política e que a vontade dun pobo, aínda que non fora maioritaria, tiña de verdade que acabar por contar neste arrepiante caos no que nos atopamos. Non falo só deste país, desta Galicia, desta España, desta Europa... Falo en xeral porque, como se dí, en tódalas potas cocen fabas. E siguo a pensar o mesmo, que o que decidín un día, xa canso de ver como os grandes partidos repartíanse a torta, e vendo que así pensaban seguir, optei por outras alternativas, mesma nunha que confiei cegamente pola súa aproximación á realidade, pola súa valentía, pola súa loita contra da corrupción, do roubo, do latrocinio máis descarado. Vamos, que quería outras fabas na pota. O que non sabía é que un caldeiro valeiro parece que é pior sr. Suárez.

Un caldeiro valeiro

Te puede interesar