MINOS FEIJÓO

Cal rei Minos cobrando tributos ao pobo ateniense, o presidente da Xunta impón cada anualidade o tributo que vai destruíndo a urdime de dereitos e servizos públicos que este pobo  foi quen de ir construíndo ao longo de anos de loitas.  Esta semana o escoitamos no debate sobre o estado da nación pintando un país irreal, alleo ao sufrimento e as necesidades que pasan centos de milleiros de persoas que non teñen traballo (335.000 persoas no paro), nen cobertura por desemprego (190.000 persoas sen cobrar un can), e aos que se lle poñen trabas para ir ao médico ou a facerse unha proba diagnóstica, e que  teñen que pagar un comedor escolar ou unha praza de infantil, aos que  lles retiran, vía carta retroactiva a modo de canallada administrativa, esa pequena axuda á dependencia (esto último se están entre os as axudas, porque hai 18.000 persoas con grao de dependencia recoñecido e aos que a Xunta non lles achega axuda ou servizo algún). En breve este país  feito de verdades e necesidades vai derrotar as mentiras de deseño de Feijóo.

 

MINOS FEIJÓO

Te puede interesar