Cambio climático

|

omos realmente conscientes do que nos ven por diante? Malia as constantes advertencias algúns pasan olimpicamente do tema coma se certamente a cousa non fose con eles, e cando digo algúns refirome a certos mandatarios de países do “primeiro mundo” coma EE.UU, China, Xapón, etc que cando hai unha xuntanza co programa da contaminación sobre a mesa, fan novillos descaradamente. Pero unha parte da cidadanía tampouco cre no cambio climático, pensa que as incidencias negativas que afectan ao medio ambiente, que o calentamento global, etc, son cuestiósn cíclicas que a propia natureza pauta segundo lle cadra sen que o ser humano teña nada que ver nisto. Hai xente para todo e ata alguns cren que a Terra é plana malia as evidencias que demostran todo o contrário. Eu son dos que creo que se equivocan os que pensan que os fenómenos climáticos son periódicos,  o noso planeta é un ente vivo e coma tal está suxeito ao paso do tempo e as agresións de todo tipo ás que está sometido por parte dunha humanidade irresponsable que pensa nada máis na inmediatez e en nada do que está por vir. 
Estamos aquí por mor dunha casualidade, pola confluencia perfecta dun astro cuns planetas? Posiblemente, como tamén é posible que non esteamos sós no universo inmenso pero o incuestionable é que vivimos nun planeta que é un grao de area na inmensidade dun universo case descoñecido e que non temos outro no caso de que as cousas se poñan feas por aquí. A este paso pode que o ser humano acabe coa especie humana e isto non sucederá por mor dun cataclismo como din que aconteceu coa extinción dos dinosurios,  moito máis grandes e fortes ca nós dito sexa de paso, senón que  seremos os “animais intelixentes” os cusantes desa desfeita.  Contaminamos sen medida sen importarnos un comino as consecuencias. Eu a veces penso se todo o que está sucedendo terá que ver co prezo que temos que pagar para vivir como vivimos, para movernos dun lado a outro con rapidez, para consumir os productos que masivamente adquirimos, para gozar do inmediato se reparar que haberá un momento no que cheguemos a un punto sen retorno.  Fánse, si, pequenas recomendacións co gallo de modificar os comportamentos individuais da xente pero non se abordan coa debida contundencia as causas que provocan que o noso planeta estea cada día máis enfermo e por este camiño direito ao desastre imos mal, moi mal, pois xa estamos vivindo e sofrendo as palpábles consecuencias do descarado desleixo dos que poden aportar solucións. 

Cambio climático