CHACHACHÁ

Vacilón, qué rico vacilón,/Cha, cha, cha, qué rico cha, cha, cha,/Vacilón, qué rico vacilón,/Cha, cha, cha, qué rico cha, cha, cha”..., que marabilla poder comezar o día entoando –bailando xa sería máis complicado– esta popular canción a ritmo cubano. A noticia de primeira plana do xornal non era para menos: o señor Vilaboy (don José Manuel, desde hai moi pouco tamén Josman) recoñecía perante a xuíza do caso Pokémon que fora el, e non o alcalde Rey Varela, a persoa do PP ferrolano que mantivo relación –telefónica e in presentia– co señor Tutor (don José María) delegado de Vendex en Galicia. O que non queda claro na información é o porqué das conversas. Iso si, de diñeiro nadiña de nada. Reconforta ver que aínda quedan xentes así, “buenos chavales”, neste mundo político cheo dalgúns corruptos corruptos, dos de verdade, e de catervas de corruptiños de catro cadelas, de perra chica. Así dá gusto. Non sempre as  culpas van ser do cha-cha-cha.

 

CHACHACHÁ

Te puede interesar