Crónica de dous días de outubro

|

Martes 10, sete do serán. Despois de fortes discusións cos seus socios da CUP, con unha hora de atraso, o presidente en funcións da Generalitat, anuncia/declara a independencia de Cataluña, para solicitar acto seguido un aprazamento, disque dunha semana, cousa que ninguén entende. Seus seareiros pasan da euforia á decepción en menos de trinta segundos que foi o que durou, de momento, a independencia. Minutos máis tarde, para rematar o esperpento, 72 deputados independentistas asinan un suposto documento de declaración da independencia. A reacción do presidente do goberno e inmediata, convoca e reúnese co líder do PSOE ata altas horas da madrugada ao mesmo tempo que mantén comunicación telefónica co correspondente de Ciudadanos. Un dia tolo protagonizado por un fato de tolos.
Mércores 11, dia de infarto. Pola mañá cedo, xuntanza extraordinaria do Goberno. Declaracións duns e doutros e como consecuencia decídese que o primeiro paso a seguir e interrogar ao Sr Puigdemont para que explique si declarou ou non a independencia, fixándolle unhas datas límite para contestar. Se ha contestación é positiva, e mesmo se non hai resposta, anque o presidente do Goberno elude falar del, botarase man do controvertido artigo 155 da Constitución, co perigo que elo implica para a convivencia. As catro da tarde, pleno no Congreso dos Deputados onde interveñen, Rajoy, explicando a decisión tomada e case tódolos representantes dos partidos políticos, recomendando dialogo cos lideres independentistas ao que se nega o presidente do Goberno expoñendo as súas incontestables razóns, nun mantenella e non enmendalla. Como di el, dialogo sobre que, para que e baixo que condicións. Ao meu xuízo, si houbo declaración de independencia, sen ningunha dúbida. O do aprazamento é unha burda estrataxema do president, unha trampa saducea que dixo alguén, pedindo dialogo co gallo de gañar tempo e pasarlle a pataca fervendo ao Sr Rajoy. A ambigüidade está perfectamente estudada por parte dos separatistas.
Gustoume a actuación do Sr Rajoy, dono absoluto do escenario. Penso que estivo a altura dun bo gobernante defendendo con razóns de peso a Constitución e o seu Goberno. Dalgún xeito todos somos partidarios do dialogo pero non a calquera prezo, e sempre cumprindo, uns e outros, con serenidade e sentido común, sen separarse un milímetro do que establece a Constitución, que para iso está.
Eu atrévome a propoñer dende esta ventá do DF o nomeamento dunha comisión formada por homes xustos e sabios, que habelos hainos, de ámbalas dúas faccións que, a través das xuntanzas que sexan necesarias, estuden a mellor forma de desfacer o no gordiano, a encrucillada na que estamos metidos tódolos españois. Non vexo outro xeito mellor para resolver a moi grave crise que nos afoga.Todo o dito ata aquí sen perder o de vista aforismo latino que di, “LEX SED DURA LEX”.

Crónica de dous días de outubro