LOUREIROS

Aínda que o seu froito, a lorbaga, non é de consumo alimentario para as persoas, moito lle temos que agradecer ós loureiros. Unhas árbores recias, fecundas, agora en dourada floración, presentes en diversos ámbitos nas nosas vidas dende tempos inmemoriais. A súa madeira dura, aromática, pesada ten gran poder calorífico e boa calidade para pequenos traballos de marquetería. Das súas follas son ben coñecidos os seus usos medicinais, culinarios, deportivo-culturais (símbolo da victoria), relixiosos (ritos druídicos, Domingo de Ramos), ornamentais. Atópase tamén moi abundante na  toponímia, heráldica e antroponímia galega. A industria cosmética paga a 0,80 céntimos o kilogramo das súas follas para a elaboración de esencias e perfumes. Por iso dende o inicio da crise moitas persoas das zonas rurais con escasos recursos económicos, nunha labor durísima, atoparon neles unha verdadeira táboa de salvación.

LOUREIROS

Te puede interesar