Os problemas do noso país

|

Este domingo achegueime a Abadín para me despedir de Elvira, muller orgullosa do seu Romariz e da súa condición de labrega. Este suceso permitiume coñecer a Demetrio Orosa, un mozo de 81 anos, orgulloso dos seus, excelente bailarín, amante das festas e filósofo. Foi quen de manter a miña atención sen pestanexar e gozando das súas reflexións. A súa voz , doce pero profunda, a súa riqueza léxica, as súas metáforas trasladaron, aos que estábamos ao seu carón, arredor da lareira da infancia. Foi quen de nos facer ver o adro da igrexa cheo de pícaros, o campo da festa ateigado de mozos e mozas, os campos recendendo, enfrontándonos a unha realidade de aldeas sen xente ou camiño de desaparecer. Analizou, desde as orixes, o problema medioambiental de métodos empregados na gandería e na agricultura... E aos poucos preguntábanos, con un aquel de amargura, polas razóns de tal desastre. 
Demetrio falounos de problemas do noso país.
 

Os problemas do noso país