Testemuños necesarios

un encontro de estudantes galegos e portugueses realizado nun instituto de Almada, fronte Lisboa, Texo por medio, tiven a oportunidade de escoitar a Álvaro Pato, militante do PCP e fillo de Octávio Pato, primeiro candidado comunista á Presidencia da República Portuguesa en 1976. O relato da súa detención pola PIDE e as torturas que lle infrinxiron durante o tempo que permaneceu preso non deixou indiferentes nin os alumnos nin os profesores presentes. A min veume á mente un congreso que me marcou profundamente, celebrado hai 17 anos no Concello de Catoira, sobre “A Guerrilla antifranquista en Galicia” e pensei no necesario que é difundir os testemuños das vítimas da barbarie, posto que a mocidade, malia estudar tanto a ditatura salazarista como a franquista, non entende -atendendo ás preguntas que alí facían- que foi o que realmente pasou neses períodos. Se cadra aí se atopa a explicación da proximidade dos votantes máis novos a opcións políticas que queren volver a tempos pretéritos. Oxalá se poida ver en Galicia o recén estreado filme Luz Oscura, sobre a vida do Álvaro e os irmáns.
 

Testemuños necesarios

Te puede interesar