Virxenciña

Como cada noite, Esperancita disponse a deitar. Educada cos máis exquisitos modais e bos costumes, despois de dar o bico de boa noite a todos na casa, como una boa nena pónse a rezar axeonlladiña ao pé da cama.
“ Catro esquiniñas ten a miña cama... 
Virxenciña linda, ti que sempre me escoitas, ti que sempre me concedes o que che pido, prométoche condecoracións e un ministerio se fas que o meu non sexa corrupción, só o dos demáis. Xa sei que acabo de dicir que as subvencións son corrupción, xa sei que dixen que se tiñan que terminar os subsidios, subvencións e “mamandurrias”, e tamén sei que eu apañei máis de cinco millóns de euros en subvencións, pero esto queda entre nos as dúas. Ah, virxenciña, non te esquezas de Trump para que sexa un bo presidente. Amén. Vaia, esquecinme de Mariano nas miñas oracións!!
 

Virxenciña

Te puede interesar