Hai 29 anos alguén quixo ridiculizar ao nacionalismo cun artigo encabezado por esta pregunta referíndose ao noso país.
Tres décadas despois Ferrol continúa cun tren que tarda hora e cuarto en percorrer os 70 km que nos separan de A Coruña mentres preparan 100M de euros para levar a un porto exterior estepario un tren que condena a enseada de A Malata á morte.
Tamén nos prometen 400M de euros para renovar Navantia nun remake da fábrica de vidro que suporá novos recheos en Caranza e xustificará a redución de persoal transformando o estaleiro nun taller de reparacións e subministro da Armada.
Reganosa recibirá millóns de euros a pesar de ser ilegal e estar impedida para o subministro industrial coa escusa do gas licuado.
Millóns de euros sen reversión na Cidade e ao servizo de intereses de empresas privadas e cos nosos dirixentes participando da orxía propagandística destes gastos millonarios con fins espurios e graves consecuencias medioambientais. Por iso non sei se somos unha colonia pero a algúns xa nos pican os ollos con tanto champú.