Prometo estarte agradecido

Que para o Estado non somos máis que unha posesión onde pasar uns días de asueto demóstrao a recente autorización a Reganosa para o seu funcionamento. Decisión dun goberno en funcións que se suma á prórroga a ENCE por 60 anos máis e á licitación do tren ao Porto Exterior polo trazado Sur que suporá a morte da enseada de A Malata. Uns pensarán que hai galegos moi desagradecidos que por riba de que España nos paga un tren a un porto sen funcións, nos planta unha regasificadora no medio da ría e mantén unha fábrica que eucaliptizou os bosques do país aínda queremos conservar as rías. Outros que o problema é a dereita aínda que o peirao Carboeiro leva décadas impedindo a rexeneración natural de A Malata, ENCE vén da ditadura e a planta de Gas está en Mugardos por decisión divina. Mais, o Estado nin paga nada nin muda de ideoloxía, e simplemente defende os intereses de transnacionais que xunto ao poder político son o cerne da unidade dunha España onde a lei é sacra cando convén.

Prometo estarte agradecido

Te puede interesar