Algo funciona xa en Ferrol

O anterior alcalde de Ferrol, penso eu, no sei se chagará a pasar a historia desta cidade, porque máis semellou estar ausente que perto do acontecer diario que nos incumbe. Dígoo porque semella que alomenos algo parece que está a moverse nas rúas, aínda que, como diría máis de algún, todo está por facer, tendo en conta o que non se fixo ou non se quixo facer. E é que con tanto contrato sen amañar como quedou demostrado, por pouco que se faga xa é algo, mesmo, como tiven oportunidade de comprobar estes días, que se pinten os pasos de peatóns. Xa ven, una cousa dan sencilla e xa parece que as rúas son outras, aínda que sempre cabe preguntarse si con esto xa abonda. O certo é que algo se move, como diría aquel outro, e talvez, só talvez, sexa o principio. Non teño preferencias políticas determinadas e, por isa razón, penso que un alcalde está para facer, senón o que promete, polo menos o que se lle demanda. Vistas así as cousas, menos mal que o alcalde ausente xa non é o alcalde.

Algo funciona xa en Ferrol

Te puede interesar