Aquela cousa do franquismo

Penso que xa teño mencionado o tema, pero, polo que vexo a través dalgúns comentarios que aparecen na web de Diario de Ferrol en referencia ao enterramento dos restos do dictador Francisco Franco, é evidente que hai quen non se entera ou non quere enterarse. Falo desde o coñecemento da primeira man, porque eu era ben neno, a penas uns meses de idade, cando ó meu pai o levou un grupiño de “homes valerosos”, enchidos de patriotismo pero sobre todo tolerados e alentados polos militares e os políticos golpistas e nunca máis supimos del. Quero clarexar que non teño interese en saber onde están os seus restos despois de que a miña nai dixera, cando levantaron o camposanto de Canido, que a tumba que levaba décadas visitando non era a súa. Pero de aí a que haxa quen defenda aqueles “valores” e que pense que xa non ven a conto falar de Franco hai todo un mundo.

Aquela cousa do franquismo

Te puede interesar