O caso de Marta Sequeiro

|

Teño que dicir que coincido do director deste xornal á hora de analizar o contido da carta do criminal confeso e condenado Víctor Timiraos. Non se ve por ningures que o home “comulgue” co máis esencial do que fixo, consciente ou, como el mesmo asegura, inconscientemente, ó non escribir en toda ela as verbas “morte”, ou “asanitato”, ou “crimen”, o que, ó meu corto entender, implica que o que fixo non o ten de todo asumido. De facelo así, de escribir estas verbas, penso que ata a familia da vítima, Marta Sequeiro, podería incluso descansar mellor, xa que a parte da pena que ten que cumprir vería realmente un arrepentimento –non un intento, malia dicir que non busca a redución da condena– sinxelo. Non se poden eludir todas esas verbas a pesares dos “atenuantes” ós que –entendo eu– considera que ten dereito. Non me meto na cuestión da defensa, se foi oportuna, acertada ou non, pero si teño moi presente que foron 64 coiteladas. Nada máis.

O caso de Marta Sequeiro