A MELLOR

A morea de altos cargos masculinos sinalados como corruptos está facendo estragos nas filas do PP,  malia as declaracións de amizade(sé fuerte Luís), ou de amor (te quiero Carlos, coño) por parte de don Mariano. Máis agora parece que lles toca a vez ás mulleres. Como é de supoñer, no caso de dona Rita Barberá hai opinións para tódolos gustos. A min non me custa traballo crer na súa inocencia, pois nin son quen para xulgar, nin teño motivos para dubidar da súa palabra; nembargante, non se pode agachar a responsabilidade política de quen, estando rodeada de tanto lixo, nin sequera percibise un lene cheirume, mentres outros enchían os petos propios e as caixas A, B, C..., do partido. Iso só pode significar a total ineptitude e ineficacia da que fora tan loada: “Rita, eres la mejor”. Pois se ela era a mellor, como serán as outras? Serán todas “simuladoras” e “diferidas”? Home, algunha boa haberá pero, quen lle leva a contraria a don Mariano? Non serei eu, desde logo. 
 

A MELLOR

Te puede interesar