Recuperación regresiva

Publicouse ao rematar decembro  a enquisa estrutural dos fogares galegos do 2014. Nela se aprecia a peor situación socioeconómica que presenta Ferrol entre as cidades galegas, logo da xestión de anos de gobernos do PP na Xunta e no Estado. Os seus datos desminten a publicidade do PP acerca da recuperación económica en curso. Ferrol é a cidade coa taxa de risco de pobreza maior que o do resto das urbes do país (16,52%  fogares e cando chegara Feijóo no 2009 estaba no 8,5%). A porcentaxe dos fogares que ingresan ata mil euros é a maior de Galicia: 28,8% das familias. O ingreso medio por fogar é inferior ao existente en 2008-09, cando arribara ese Atila social que manda logo de sete anos en san Caetano. Ferrol presenta pois ingresos máis baixos, maior taxa de pobreza, menos fogares con ingresos por traballo (o 43,1% dos fogares viven de prestacións) e cunha poboación envellecida e en regresión. En resumo, para que Ferrol teña futuro hai que derrotar ao PP. A unidade que expresa En Marea vaino conseguir.  

Recuperación regresiva

Te puede interesar