Provisión

A humanidade dunha sociedade mídese polo trato que da aos débiles, sobre todo cando son maiores. Existe actualmente clamor e movilización social pola sanidade pública, promovido polos propios profesionais do sector que protestan contra os recortes no gasto sanitario. A modo particular as familias e concellos tamén reivindican, en varias comarcas, a presenza estable dos servizos de pediatría. Nun país tan envellecido, chama a atención que ninguén rompa unha lanza en favor dunha mellora na calidade asistencial da terceira idade. 

Para toda a nosa área sanitaria so existen dous médicos xeriatras con praza nos hospitais de Ferrol. O incremento exponencial de persoas maiores xa é unha realidade.O sector privado leva tempo preparándose “Silver economy” para o gran negocio de servizos valorado en 5 billóns de euros en toda Europa. É urxente unha mirada humana do ámbito público e empezar a proveer.

Provisión

Te puede interesar