Incesantes recortes

|

Sempre esixe máis e os capataces implacables que ten –Beatriz Mato e Rocío Mosquera– se axustan a satisfacer esa fame de recortes. O señor dos recortes e dos 10.000 millóns de euros de débeda, Núñez Feijóo, segue a destecer a feble trama de servizos sociais e de benestar que nos resta. Así nestes días sabemos da saturación das urxencias sanitarias en Ferrol cando temos  unha planta pechada no Hospital Naval con 32 camas de adultos (o outro día había 20 persoas para ingresar nos pasillos das urxencias do Marcide). Estes días denunciouse a parálise das obras da residencia de maiores de Caranza, que deixa sen praza a 28 persoas e cando a lista de espera suma 2.000 na provincia para acceder a unha residencia. Obras que xa terían que estar rematadas hai meses como anunciara a conselleira do malestar. Recortan porque favorecen o negocio privado, desviando alí doentes e usuarios dos servizos sociais, na confianza de que as portas xiratorias non se pecharan e haberá postos e prebendas para quen hoxe destrúe a sanidade e o benestar públicos.

 

Incesantes recortes