E A CULPA DE QUEN É?

Desde case o momento mesmo en que se coñeceu que unha das profesionais da sanidade que atendeu ó misioneiro Manuel García Viejo no hospital Carlos III se contaxiara co virus do ébola, que contraera en Sierra Leona, comezaron as protestas aquí e acolá polo que a todas luces obedece a unha falta de previsión. O que está claro –aínda que esta persoa, agora contaxiada, puidese ter algún descuido, por pequeno que fose– non pode ser culpabilizada de nada. Hai unhas autoridades políticas e sanitarias que están demostrando a cada intervención que non están, para nada, á altura das circunstancias. Da ineptitude e do descaro da ministra Ana Mato xa tiñamos exemplos de abondo. Do “consejero” madrileño sabiamos menos, mais xa quedou retratado nas intervencións en que acusa a auxiliar afectada de mentir e dando a entender que non actuou dun xeito moi profesional. Limos pancartas con “Queremos responsables” e escoitamos falar de erros humanos. Claro que houbo erros humanos, incluídos os nosos por ter votado a eses responsables.

 

E A CULPA DE QUEN É?

Te puede interesar