XEOPARQUE

|

Para a declaración dun xeoparque da rede mundial a Unesco regula o cumprimento de tres principios: 1-Existencia dun patrimonio xeolóxico que sirva de protagonista e eixo conductor. 2-A posta en marcha de iniciativas de xeoconservación e divulgación. 3-Favorecer o desenvolvemento socioeconómico e cultural a escala local.
Por vivir onde vivimos e ter uns mínimos coñecementos sobre a Capelada, leer a didáctica triloxía de Vicenzo de Cariño sobre os minerais e rochas do Cabo Ortegal, recordar a positiva e dinamizadora experiencia do xeoparque Costa Vasca de Zumaia, e ver o increíble baleiro neste ámbito no mapa galego, tendo o que temos eiqui na casa, cabe preguntarse: ¿Teñen os nosos gobernantes idea e vontade de aplicar esta lexislación?
Cedeira, Cariño e Ortigueira posúen conxuntamente no seu sustrato un diamante por pulir, sería desexable que tamén cooperasen para mostralo como é debido.

 

XEOPARQUE