Proxecto

Pasan os anos e os políticos locais non son quen de atopar unha solución para encher de contido o baluarte de San Felipe, ese enclave de insuperable valor histórico e arquitectónico. Parece que o seu destino é o de se converter en museo e, xa que logo, unha das especialidades museísticas ben podería ser a de reunir alí unha serie de equipos e armas navais, como canóns, tubos lanza torpedos, montaxes de “erizos”, Consolas e antenas de Radar, Consolas de Sonar, de Dirección de Tiro de superficie e antisubmariña, que poderían ser pedidas á Armada, de entre as que poidan ter almacenadas con destino a chatarra. Non parece nada impropio, xa que se trata dunha fortaleza militar para defensa contra buques inimigos. Aínda que sexan aparellos obsoletos e fora de uso, darían aos visitantes unha idea do que foron ese tipo de armas. Como a Marina sempre foi unha boa colaboradora coa cidade, se teñen algúns dese aparatos, non dubido que os cederían de boa gaña. Paréceme a min, claro.

Proxecto

Te puede interesar