A manda xornalística

|

Pasmado pode quedar máis de un –tal sucedeume a mín– co que dixo e exministro de Cultura, Màxim Huerta, a respeito da cacería á que el mesmo foi sometido e que calificou de “jauría” (“manda”, dicimos aquí), motivo polo que, alegou, acabou por presentar a dimisión. Pasmado digo porque quen dixo iso é un xornalista, e ademais contertulio avezado da prensa televisiva do corazón, que mesmo podería ser a da bilis tendo en conta as miserias das que soen tirar para adiente moitos destes que se din xornalistas e que, aínda se é certo que están titulados no o é tanto que non fagan do oportunismo máis canallesco o seu modo de vida. Mais xa se sabe que nesto das fabas o que conta é telas para comelas, aínda que sexa a costa de roubalas ou compralas, xa o dixen, coas miserias dos demais. Acaso non é certo que moitos destes profesionais da comunicación andan en forma de manda a prol da noticia con tal de sacar réditos económicos ou de fama? Manda carallo os farrapos que algúns aventan para se xustificar...

A manda xornalística