Non damos acougado

Iisto dos anos ten as súas cousas, coma que unha sinxela influenza che leve á cama e, despois, ó hospital, pero non por elo un deixa de estar sorprendido. Pensei que un tempo de repouso daría un chisquiño de descanso tamén ós políticos locais, máis un pensa sempre errado e, polo que se ve, se todo parecía que a cousa dos nosos edis xa non sería para tanto unha vez roto o pactiño, lonxe estaba eu de imaxinar que todo acabaría do xeito máis chabacano e merdento que un poida imaxinar. Penso que nunca a política ferrolá –e iso que por aquí pasaron xa exemplares de todo tipo e pelaxe, mesmo quen foise como si acabara de chegar catro anos despois, se enterarse da misa a metade– estivera tan emporcada, con todos os respectos aos porcos, que ben saben onde ir facer as súas necesidades para non ter que deitarse sobre elas. Algo máis que fango é que se coce a diario no Concello ferrolán, sobre todo porque de tanto meter nos pes nel aquí non parece que nada se limpe, senón todo o contrario. E fanno sen a máis esencial dúbida de que pensan que o están a facer ben. Hai que ver!

Non damos acougado

Te puede interesar