Xardineiro electrizante

Aquel cabelo engominado coroando unha cabeza privilexiada sobre uns hombreiros de porte elegante, que o mesmo sosteñen condecoracións que plumas de pavo real, trascenden un potencial sen precedentes e digno de estudo. As neuronas, de conexións insospeitadas, alumean cal vagalume gobernamental, toda caste de virtudes e curriculums deseñados ad hoc para os postos que dixitalmente recebe. Neuronas capaces de argallar, cunha habilidade maxistral, o tecido enmarañado da mentira, a falsidade e a obra de mala fe, que se traducen en recompensas á medida do seu servilismo e a súa fachenda. Parecen termos encontrados mais en suxeitos que medran da nada, reptando polo camiño da falsa coral, compleméntanse. 
A que aspirará agora este xardineiro postulado para o consello de administración da rede eléctrica? A iluminarnos coa súa sabiduría? A cautivarnos con esa mirada electrizante? Ilumíname, móstrame o camiño para chegar con dúas carreiras e un doutoramento a un posto como o teu.

Xardineiro electrizante

Te puede interesar