25 DE MAIO

|

As eleccións europeas do vindeiro 25 de maio traen de cabeza aos dirixentes do PP.
Os cidadáns teñen a oportunidade de poder convertelas nun plebiscito sobre as políticas insolidarias e de recortes aplicadas por Rajoy. Preocúpalles que a xente poida castigalos nas urnas, porque eles son a correa de transmisión dos mercados financeiros.
Fronte a todo o aparato de propaganda e ao dominio que a dereita ten dos medios de comunicación oficiais, a esquerda debe mobilizar a rúa; e que ninguén crea que se pode substituír a acción dos militantes por unhas redes sociais que usan, fundamentalmente, ós xa convencidos.
O 25 de maio hai dúas posibilidades. Máis desigualdades e máis recortes cunha dereita á que lle sobran a xente e o estado de benestar; ou unha alternativa progresista, liderada polos socialistas, produto do encontro e unidade de todas as esquerdas.

 

25 DE MAIO