A emerxencia social que roe as entrañas de tantas persoas do común, daquelas que perden o seu posto de traballo, ou que traballan en condicións máis precarias que nunca, cun salario menor e cunhas extenuantes condicións laborais, persoas que acoden a uns servizos públicos deteriorados polos recortes e as privatizacións, persoas que viven cunha carestía que aparece indisimulada nos informes sobre pobreza e exclusión social de Foessa, nas estatísticas de desafiuzamentos dos xulgados, nas enquisas de estrutura dos fogares galegos, persoas que teñen dereito a mellores condicións materiais de vida, a unha vida digna, persoas que son o que nos impulsa a loitar unidos, a construír unha alternativa articulada na loita social e na proposta programática alternativa; esas persoas teñen En Marea a ferramenta cada vez máis poderosa para provocar esa gran transformación social, radical e esperanzadora, que rescate a este país da emerxencia que nos depara o frío cálculo egoísta dos poderosos. Máis Marea!