Aviso para Navegantes?

Mándanme un vídeo no que se observa o malestar e a indignación dos clientes dun bar  cando lles pretenden cobrar as consumicións que non lles aboaran clientes anteriores. Os clientes fican asombrados perante as cantidades dos seus tickets -eses que é obrigatorio entregar e que con excesiva frecuencia non se fai para non ter que declarar eses ingresos- e é cando lles explican que, para cadrar a caixa, uns terán que pagar o que deixaron sen pagar outros. A pequena historia conclúe cunhas aleccionadoras preguntas: como reaccionarías se che fixesen pagar algo que non che corresponde? Se non dubidas en reaccionar así perante unha situación inxusta como esta... por que non te indigna pagar o escaqueo fiscal das multinacionais? . Observo como a xente segue pasmada diante das pantallas vendo con admiración deportistas que se sabe que evaden impostos de tódalas maneiras habidas e por haber. Agora parece que, froito das presuntas fraudes fiscais dalgúns actores, algunha serie televisiva perdeu audiencia e que a van retirar. A ver se fose por iso e se xeneralizase o exemplo.

Aviso para Navegantes?

Te puede interesar