Ferrol na rúa

Alégrome de que Ferrol teña na Semana Santa as rúas cheas de xente de aquí, de alá e de moito máis lonxe. É bo para a cidade e amosa que si é posible outra dinámica moi afastada do solpor a que nos teñen acostumados determinados políticos e determinados vellos grupos de presión locais.

Para acerto da cidade a suposta cuestión relixiosa, afortunadamente, non esmaga estes días. De feito, creo que o feito inclusivo vén de que é máis un evento cultural, moi afastado da vella imposición e do control de masas de tempos pretéritos.  

Así, á propia Semana Santa súmase unha ampla oferta gastronómica, de ocio e o noso entorno cultural e natural. 

Iniciativas saídas do propio tecido cidadán. Obviamente, as propias confrarías, ese sector emerxente da nova hostalería ou esas tan  aplaudidas como a da Ruta Naval. Imaxinan ter unha empresa municipal que soubera das fortalezas turísticas de Ferrol?

Ferrol na rúa

Te puede interesar