O santo do bisavó

Hai quen di que celebrar San Valentín é un invento comercial moderno. Hai quen está aos trastos os restantes 364 días do ano e o 14 de febreiro fai alardes de paixón a través das redes sociais. Mais son moi poucos os que coñecen unha historia que vai máis alá da conmemoración dunha onomástica, da historia dun santo ou da celebración tal e como hoxe a coñecemos. Cantos sabemos que existe unha tradición celta, case tan antiga como o noso mundo e a vella relixión, que xa desde tempos inmemoriables tiña como referenza estas datas para celebrar o amor? Que era tradición entregar presentes entre as parellas que se amaban, tales como nudos sen fin que simbolizaban o amor eterno? E que a deusa celta do amor era Deva? Calquera día é bo para botar a vista atrás e coñecer as nosas tradicións, moitas veces ocultas. Hoxe celebro o santo do meu bisavó Valentín, e os 365 días do ano o amor, regando día a día e agradecendo día a día, que é o que fai medrar e manter viva a chama dun sentimento. .

O santo do bisavó

Te puede interesar