Xa está ben!

Dende o ano 1983 lévanse producindo nos estaleiros da ría de Ferrol diferentes plans, que baixo o título de “reconversión” o que fixeron foi minguar a capacidade produtiva dos dous estaleiros con a conseguinte perda de postos de traballo que levaron a Ferrol e a súa comarca a unha situación que non ten parangón no estado español cunha plantilla de 6.363 traballadores fixos e mais de 3.500 da industria auxiliar a antiga Bazán xunto ó estaleiro de Astano, cunha plantilla fixa de 5.789 no mesmo ano e con case 5.000 traballadores da industria auxiliar permitiu que a economía das tres comarcas fluira de tal xeito que fixo posibel o asentamento da poboación chegando a cifras que superaron os 220.000 habitantes.
 No ano 1985 o concello de Ferrol tiña una poboación de 91.764 habitantes e o de Fene 15.827. Trinta anos despois  Ferrol ten 69.259 habitante, 22.505 menos e Fene 13.085, 2.742 menos. Esta situación ven motivada polo desmantelamento do sector naval que pasou dunha plantilla de 12.152 traballadores fixos nos dous estaleiros e de mais de 8.500 na industria auxiliar no ano 1985 a 2.200 fixos e a pouco mais de 1.100 na industria auxiliar. Segundo a Conselleria de Industria, na comarca de Ferrol por cada emprego que se perde no sector naval, pérdense dous e medio no sector servizos.
 As contas son claras a os 17.352 perdidos no naval sumámoslle as contas da Consellería (43.380) e danos un total de 60.732 empregos perdidos nos últimos 30 anos nas comarcas de Ferrolterra. Pódese pensar que estas cifras son abultadas, pero é a crúa realidade,  son datos sacados dos documentos oficiais do Ministerio de Industria e da Consellería da Xunta de Galiza. Hai un estudo feito por Aclunaga no ano 2.016 que di, que en tres anos (2.012-2015) perdéronse na comarca de Ferrolterra 50 empregos a semana no sector naval, algo mais de 7.200. Este é o principal motivo da despoboación de Ferrolterra ,unha comarca que pasou de mais de 220.000 habitantes no ano 1985 a os 187.580 no primeiro trimestre do ano 2.016 (32.420 habitantes menos)
 Outro problema grave é o emvellecemento da poboación. Segundo o Instituto Galego de Estadística IGE a comarca de Ferrol e a mais envellecida de Galicia, con unha das maiores tasas de mortalidade, a mais baixa en afiliacions a SS e a que mais pensionistas ten. A media de idade no ano 2015 era de 49 anos tres mais que a media galega e nove mais que a española. O 27% ten mais de 64 anos, e tan só o 14% ten menos de 20. A construción naval e o principal motor económico da comarca de Ferrol, na medida que os estaleiros da ria teñan carga de traballo, empezarase a parar a sangría de perda de poboación e a mover a economía da nosa comarca paralizando así o peche do pouco tecido económico que aínda queda.
Foi o goberno español quen nos anos 80 empezou a desmantelar o sector naval. Foi o goberno español quen prometeu novos empregos (famosos plans de industrialización) en compensación a os perdidos nos estaleiros, foron as políticas ditadas dende Madrid polos distintos gobernos a o longo destes trinta anos, as que levaron a comarca de Ferrol a esta situación. 
Estamos ás portas da presentación dun novo plan de axuste. Este plan parece ser que contempla a modernización do estaleiro de Ferrol, iso que chaman estaleiro 4.0 pretendese aglutinar en un espazo de terreo todos los elementos que teñan que ver con a fabricación do barco, o deseño e construción dun dique seco cuberto co fin de abaratar custes e ser competitivos, a demais de outras medidas, algunhas xa están en marcha, como a “reorganización” dos gremios… pero como todo plan ata agora foi así, e trae consigo un novo recorte da plantilla, Navantia ten contabilizado 1.800 excedentes e non fixa numero de incoporacións. En definitiva unha nova puñalada como as que lavamos dende fai trinta anos. 
Trinta anos que deben valer para que a sociedade da comarca reflexione berre un “Xa está ben!” e reclame políticas que enderecen a situación, políticas que doten de carga de traballo de construcción naval tanto civil como militar para os estaleiros da ria de Ferrol, que sirvan para manter a actual plantilla en Ferrol, que doten a Navantia Fene do plantel suficiente para a costrución civil, que a fabrica de turbinas incremente a sua capacidade produtiva, que se faga a inversión necesaria no departamento de carenas para non perder mercado e poder acceder a outros sectores no mundo da reparación, que sirvan para que a industria auxiliar sexa complementaria non para abaratar custes que paren esta sangría despoboacinal, en definitiva que obrigen á empresa pública a desenvolver o papel que ten que cumprir naqueles territorios nos que está asentada. Que é dinamizar a economía e fixar o asentamento da poboación.
Responsable do Naval de CIG-Industria
 

Xa está ben!

Te puede interesar