ANTE AQUEL SILENCIO MUDO

Entendo que por medo, por submisión ao partido ou por non querer enfrontarse aos poderes reais o alcalde ferrolán decidise renunciar a cuestión da soberanía para adicarse a resolver os problemas “cotiás” da cidade.   Comprenderíao con dificultade, porque dependemos industrialmente do que deciden en Madrid, temos graves problemas de ingresos pero non cobramos o IBI do 20% do solo do Concello, pagamos un saneamento de competencia Estatal e cústanos máis viaxar en tren a Vigo que a Madrid. O que non entendo é que exixa aos demais que fagamos coma el, asumir a inercia do establecido, renunciar a decidir nós o noso futuro, mentres afirma que a derogación da taxa do saneamento non é viable por un problema xurídico, mudar o convenio con defensa complicado, subvencionar actos relixiosos unha cuestión a estudar ou simplemente designar unha praia para cans unha decisión eterna. Quizais sexa porque se todos renunciásemos á soberanía só habería un silencio mudo.
 

ANTE AQUEL SILENCIO MUDO

Te puede interesar